lunes, 28 de octubre de 2013

CELEBRANDO O MAGOSTO.


     Ola a todos!!!!


 


     Mozas e mozos, últimamente xa vedes que estamos na nosa biblio moi festeiros!!!, verdade?

 


     Pois esto non ten parada!! 

 


   Para comezar co noso proxecto, “Ás voltas coa música”, queremos que saibades que ides aprender moito, moito, a cerca de música; e máis concretamente, a cerca da música en Galicia!!


 


Para comezar, ímosvos explicar un dos xéneros musicais que máis representación teñen no repertorio musical galego e que está directamente relacionado coas festas do outono coma o Magosto ou o Samaín.


 


Estamos a falarvos da FOLIADA!!!


Iiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiihahahahahaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa!!!


 


A palabra foliada ven dos nosos maiores e está relacionada coa festa, a troula, a diversión,… Vamos, que os nosos grandes veñen desfrutando por moitos anos das festas con baile e música, como ten que ser!! A foliada é un xénero musical derivado da xota, aínda que polo xeral, vímoslle denominando popularmente foliadas a todo tipo de cantos festivos; ben sexan xotas, miuñeiras ou pandeiradas.


 


Un tipo moi concreto de foliadas, son as RUADAS. Estas son pezas que aquí en Galicia, así coma en outras moitas culturas, se bailan ó redor dunha fogueira, ou ben, formando simplemente un círculo. Hay moitas cantigas de corro, que seguramente coñecerades, que teñen esta forma!!


 


Xa nos enteramos de que na aula de música estades a bailar unha que nos serve de exemplo de ruada! Trátase do Lambonciño!!! A ver quen quedará Lambón!!!!

VIDEO!!!

 Recomendámosvos este libro onde podedes atopar a canción, texto, partitura, audio e video do Lambonciño.


 

E agora ATENCIÓN A TÓDOS OS NENOS E NENAS DO 2º CICLO!!!!! Este ano, imos crear un mural cego coa información que academos de vós a cerca dos xéneros musicais que imos traballar. Así que,  esperamos a vosa colaboración!!! Podedes traer fotos, info, cancións de corro en distintos formatos (audio, informático, escrito,...), etc. 


CONTAMOS CON VÓS!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario