jueves, 26 de septiembre de 2013

Inicio dun novo proxecto

      Ola a todas e todos e benvidos ao novo curso escolar 2.013-14.


      Somos Ratiño e Ratiña e aquí estamos outro ano con todos vos. Neste curso queremos presentarvos un novo Proxecto Documental Integrado.


       E isto que é?, vos preguntaredes. Pois un xeito máis de divertirnos e aprender en torno a unha temática común. E cal é esta temática común? Pois este ano cambiamos os contos pola música. Traballaremos todo tipo de músicas e folclores sen olvidarnos que somos galegos, polo que nos centraremos máis nas variantes musicais da nosa  terra.


       Así que, escomenzamos co novo blog: “A música en Galicia”. E para que vaiades facendo oído, vos deixamos cun tema musical moi marchoso que fai conciencia medioambiental cos nosos queridos montes, que últimamente están a sufrir moitísimo. 


      Os Resentidos - Arde Galicia.